Tuesday 21 de May de 2024

Aberto o prazo de inscrición para os nenos e nenas nados nos anos 2008 e 2009 que desexen participar na vindeira Cabalgata 2017 como figurantes


As familias interesadas teñen de prazo ata o venres 16 de decembro incluído

A Concellería de Cultura, Tradicións populares e Deportes do Concello de Cambre, abre o prazo de inscrición para os nenos e nenas nados nos anos 2008 e 2009 que desexen participar na vindeira Cabalgata 2017 como figurantes, acompañando as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. As familias interesadas teñen de prazo ata o venres 16 de decembro incluído.

A inscrición se realizará presentando a ficha de participación en calquera dos rexistros de entrada municipal ou na sede electrónica. Esta ficha está dispoñible nas oficinas municipais ou tamén pode descargarse da páxina web municipal.

O 22 de decembro ás 11:00 h realizarase un sorteo público nas oficinas de Cultura da urbanización da Barcala, para asinar aos participantes que irán en cada carroza.